Ruta dos Miradoiros

A Ruta dos Miradoiros é un itinerario de 25 km de longo que sae de Cariño e remata en Cedeira, ou viceversa. Percorre toda a Serra da Capelada, visitando a maioría dos seus miradoiros, entre eles, o Faro de Cabo Ortegal, o miradoiro do Limo, o miradoiro da Miranda, o miradoiro de Vixía de Herbeira, o miradoiro do Cruceiro... entre outros, así como a aldea de Sto. André de Teixido, onde se ubica o famoso santuario ao que “vai de morto o que non foi de vivo”, fin do Camiño dos Romeiros e lugar moi coñecido en Galicia.  

Datos prácticos

Acceso:

  • En coche, autobús ou autocaravana, desde Cariño, dirección Cabo Ortegal, despois de voltar do faro, desvío á dereita sinalizado como “Miradores da Capelada”. A continuación segue as indicacións “Vixía de Herbeira / Sto. André de Teixido” pola estrada DP2205 , despois dirección Cedeira.
  • Ao miradoiro da Miranda non hai acceso en autobús ou autocaravana.
Recomendacións: 
  • Procura realizar a ruta en días despexados e sen néboa. Aproveitarás mellor a visita.
  • É recomendable levar roupa de abrigo para visitar as zonas altas.
Situación GPS:
  • Saída desde Cariño: 43.740290, -7.868581
  • Saída desde Cedeira: 43.660769, -8.053842