Miradoiro A Miranda

O miradoiro da Miranda está situado no cumio do Monte da Miranda, na parroquia de Landoi, a 498m sobre o nivel do mar. Ten unha visión case panorámica de 360º sobre a Ría de Cariño-Ortigueira cunhas vistas espectaculares da Serra da Capelada, a vila e o porto de Cariño, a entrada da Ría, Estaca de Bares, o Porto de Espasante e Ortigueira. No seu entorno inmediato hai unas antenas de telecomunicacións, situadas nese lugar pola súa estratéxica posición e un bosque de piñeiro galego.
Datos prácticos
Acceso:
- En coche, desde Cariño, segue as indicacións “Vixía de Herbeira / Sto. André de Teixido” pola estrada DP2205 , despois desvío á esquerda indicado “Miradoiro da Miranda”. Segue a pista asfaltada até o cumio.
- En autobús / autocaravana, non hai acceso ao cumio. Pódese chegar a pé camiñando 3 kms aproximadamente.
- A pé, desde Cariño, 2h pola estrada a Sto. André de Teixido DP2205 e desvío á esquerda.
Recomendacións:
- De camiño atoparás a Fraga de Zarza, un bosque autóctono de Galicia
- Durante o outono, no bosque de piñeiros, atoparás unha zona micolóxica.